GALEGO    |     ESPAÑOL


INICIO    |     CLASIFICACIÓN POR FORMAS    |     SOBRE O PROXECTO    |     BREVE HISTORIA    |     LIBRO DE VISTAS


SOBRE O PROXECTO

«A marca Compostela» é un proxecto persoal que, ao principio, consistía soamente en recompilar imaxes e marcas que usaban a cuncha do Camiño de Santiago coa intención de mostrar un vínculo con Santiago de Compostela ou con Galicia.
O proxecto naceu en 2008, e a idea xurdiu mentres acumulaba fotos dos rótulos do casco antigo de Santiago de Compostela (Flick).
Hai uns anos, todo ese contido empeceino a cargar en Flick, e agora nunha segunda fase, hei redibuxado todas as cunchas tentando rescatar, soamente a forma en que se representa, eliminado cores e volumes,... e están todas aquí.
A intención é ensinar a variedade de formas coas que se pode representaba a cuncha do Camiño de Santiago, en carteis, rótulos, logotipos, imaxes de eventos, etc. algunhas moi similares pero non iguais e outras moi orixinais.
Non sei trata pois dunha selección, senón dunha recompilación de todas as imaxes que atopei no meu camiño polas rúas de Santiago de Compostela.

Seguramente hai moitísimas máis en webs ou lugares por onde non transitei, e aínda que a intención inicial deste proxecto era agrupar o que persoalmente puiden atopar, gustaríame ampliar a mostra con achegas de quen teña material e crea oportuno que apareza nesta web. Podes enviar imaxes por mail..

Todas as marcas nesta web citadas son dos seus propietarios. Acreditouse á empresa e ao deseñador nos casos que foi posible, se es o autor dalgunha das imaxes, contacta, gustaríanos acreditar a autoría.
Quero agradecer a toda a xente que colabora neste proxecto con comentarios, suxerencias, facendo correccións, achegas de material, etc.
Grazas por visitalo e confío en que che sexa útil.

Se tes algunha suxerencia,consulta ou achega escríbeme.

Alberto Rodríguez Pérez
Diseño gráfico